Pois ben, acóllenme os Hardman, unha familia composta por catro membros que vive nun pobo (eso lle chaman eles) de Indiana chamado Lawrence. Os Hardman son Lynn, a nai, Brian, o pai, Erin, a filla máis nova que ten un ano menos ca min, e Sara, que irá para o ano á universidade e se recordo ben ten 17 anos. Todos teñen gustos moi similares aos meus, a Brian encántalle ler, Erin e Sara tocan instrumentos e comparto con Lynn moitas pequenas cousas. Lynn é contable e Brian é "Facilities assesor" que sinceramente, non sei o que é. Sara e Erin son dúas boísimas estudantes e ambas ademais participan en diferentes actividades, sobre todo relacionadas coa música. Segundo o que falei con Lynn e todo o que lin na información parécenme unha gran familia e creo que vivirei de marabilla con eles, son algo estrictos no que respecta ás normas pero creo que eso non me vai supoñer ningún inconvinte. Outro membro da familia é Meika, o seu can, e debo decir que é un can perfecto para min pois non é moi grande.
A súa casa é a típica americana e aínda que eles din que é a máis pequena do barrio eu creo que é bastante grande así que como serán as outras! Terei a miña propia habitación, en realidade será a de Sara pois ao marchar quedará libre e eu usareina, compartirei un baño con Erin e despois ambas repartiremonos a súa limpeza.
Son unha familia de vida sá, van ao ximnasio xuntos e están inscritos na YMCA donde hai piscina. Pasan bastante tempo xuntos e viaxan tamén moito, polo que eu non podería estar máis contenta.
Son moi agradables, por exemplo, Lynn contoume que estaba practicando a súa tortilla española para cando eu chegara e que me comprarían chourizos. Xa me sinto querida e aínda non os coñecín, e eso é o máis importante.
Agora falemos de Lawrence, ten sobre 50000 habitantes e está a tan só 15 minutos de Indianápolis a capital do Estado, é digamos unha zona residencial dela. Ten numerosos espazos verdes e moitas actividades. O meu instituto será o Lawrence North High School que ten 2300 alumnos, sei que será difícil ao principio pero vou coas mellores ganas. É un instituto que conta cun programa de español dos mellores de USA e que está recoñecido por España, ten ademais máis asignaturas para escoller das que podo contar e programas de música e deportes a barrer. Polo que non podía pedir máis.
Os Hardman non son relixiosos e parece que o mito americano de terei que ir á misa non se aplicará para min, creo que eles usan a mañá do domingo para ir xuntos ao ximnasio.
Pero Indiana ten moito que ver e eu vivo rodeada de State Parks, a 2h e media de Cinccinati e a 3 de Chicago. O clima é tamén mais que perfecto, pois visto o visto en outros lugares de USA esto é do mellor que me podía tocar, ten unhas temperaturas frías en inverno de arredor -6º e en verán as máximas rondan os 29º.
Non podo esperar para estar alí xa!
Aquí vos deixo algunhas fotos:
![]() |
| Lawrence North High School |
![]() |
| Lawrence City Hall |
![]() |
| Lawrence North Widcats |
![]() |
| Lawrence |





