No último post falaba de cando fun de camping co resto dos exchange students así que hoxe continuarei dende aí. Como estou en Fall Break máis de unha semana de vacacións ja ja pois decidín comezar a escribir isto aínda que o máis probable é que non o publique hoxe.
Pois ben, chegou Homecoming! Unha semana na que cada día te vistes de unha maneira máis extraña ca anterior e despois do mítico partido de football hai un baile. Pero claro, co que noon contas é con que no teu insti pasen largamente de todo o que ten que ver con homecoming polo que o espíritu escolar é mellor calquera outra semana do ano. Pero cando sólo podes vivilo unha vez, úneste a ese pequeno grupo de persoas do teu insti, coma as animadoras que se compran un vestido e van pasar unha noite divertida cos amigos.
| Twin day with Errrrrrrrrrrrrrrin |
| Also with Cheyenne |
| Homecoming game |
Pero eso non foi o mellor da semana, porque o meu host dad, Brian, levoume con el a un autocross e encántanlle os coches. Corrimos no seu Porsche e paseino de marabilla, o noso foi o mellor tempo de todos e pasei unha mañá fantástica con el.
Dúas das miñas amigas aquí están no equipo de volleyball, e debo dicir que o noso equipo é xenial, son campioas rexionais sempre e varias veces foron as nacionais e todas as do equipo teñen becas deportivas para a universidade, así que fun ao partido que fan no que homenaxean aos seniors do equipo, pois Gigi é senior. O partido foi moi divertido e gañamos xa nos tres primeiros sets.
| Gigi e eu |
| Maddie e eu |
E ahora ven a noticia que me ten entusiasmada e máis feliz imposible, voume a Florida! O periódico do meu insti vai participar nunhas conferencias xornalísticas e eu vou ser unha das seis persoas de todo o staff que van. Vamos ir en novembro, catro días e estou segura que vai ser xenial. Sobre todo porque dúas das miñas amigas aquí, Cheyenne e Claire, tamén van. A viaxe inclúe excursións, visitas a uninversidades e unha tarde en Disney!
E falando de periódico... o que te atopas nalgunhas impresoras cando menos o esperas.
Seleccionáronme alumna do mes no instituto, parece ser que é a primeira vez que unha exchange student o consigue, asi que aínda que non sexa nada demasiado importante fíxome sentirme orgullosa. De máis de 2500 que somos escolleron a 40 e aí estiven eu.
Sara veu de visita durante o seu Fall Break que desgraciadamente non coincidía co noso e non puido ir facer rafting con nós. Pero pasamos unhos días xeniais xuntas, nos que entre outras cousas fumos de compras jajaja, o de chamarnos Sara non é no único que coincidimos.
Un dos días que ela estivo aquí, eu fun facer voluntariado co club de chicas no que estou, Tri-hy-y, a unha escola de primaria na que había unha festa, eu vendín bebidas.
| Gigi tamén estaba ali jaja |
Tamén nos deron as notas de medio semestre, esas non contarán para a miña convalidación, só as do semestre. As notas do semestre saen da media das notas da primeira e segunda parte do semestre e o examen final que fas para todas as asignaturas. As notas deste primeira parte foron inmellorables, teño todo A+, incluso nas avanzadas, e debo decir, que aquí si que hai debers e sí que se estuda, aínda que che digan que non. Pode ser que nalgúns instis non manden deberes e non sexa necesario facer nada, pero desde logo ese noon é o meu. O meu instituto ten unha nota de A, e queren seguir téndoa polo que hai que traballar. Os exames non son nin a metade de difícles que os que temos en España, pero hai días nos que hai que facer tres horas de deberes e todos son para o día seguinte, e aquí os deberes son unha parte case máis importante ca o exame da nota.
Decidín que collerei máis clases de música para o segunte semstre, estou moi contenta na banda e aínda que teña que ensaiar moito, merece a pena. Unha das miñas opcións é entrar na banda de jazz na que está miña irmá ou apuntarme a beggining piano e xa que teño un piano na casa, por que non?
Agora ven algo divertido, bueno, non o e tanto pero si non o pensas moito si que o é. O outro día iamos ao teatro ver unha ópera, é gracioso que me dixeron que aquel lugar era moi antigo, só tiña 100 anos, pero como me dixo o meu host dad aquí é así. Pois ben, xa estabamos sentados para vela cando unha muller sae ao escenario e comeza a explicar que se suspenderá a obra porque se produciu unha emerxencia médica. E aí estabamos nós, sin plan para a tarde en pleno Indianápolis, aquí deixo unhas fotos.
Pero como non hai mal que por ben non veña, eu e Erin acabamos indo a unha festa pola noite, así que supoño que ao final o día estivo xenial.
As únicas fotos que saquei son as de cando xogabamos a Cards Against Humanity, un xogo que recomendo encarecidamente traducir ao español e galego.
O seguinte que fixemos foi ir facer rafting, e para iso noon fan falta palabras, só mirade as fotos.
Un vídeo con algúns dos momentos, é de mala calidade gracias a youtube, a gopro sigue viva por certo.
O outro día Erin, Donovan e Lorenzo leváronme a Downtown Indianapolis e pasámolo xenial. Visitamos un museo de percusión, o canals neighbourhood e paseamos un montón. Por último, estivemos no restaurante xiratorio da cidade.
E por último, o mellor do programa de hoxe de The Worst Cooks in America, vímolo hoxe pola tarde e pasámolo xenial.
Este último é o mellor jajaja.
E nada máis, pasaron moitas máis cousas pero como xa está sendo demasiado largo este blog, non vou alongalo máis. Ata a próxima!
