Ola a todos! Sinto dicilo pero agora mesmo escribir está sendo máis que algo que me encante unha obriga e por iso, non o fixen durante este mes. Non quero estenderme demasiado porque a miña vida diariamente é a mesma e non ten moito máis que contar. Empecemos:
Despois de levar bastante tempo aquí pero sempre ocupados por un motivo ou outro por fin fun á State Fair! Só digamos que comida basura e atraccións é o máis destacado, desde que ves oreos fritas nada te asombra nunca máis xa.
Na clase de fotografía María e eu estamos xuntas e debo decir que vagueamos moito e aínda así vamos adiantadas, como en todo. Fabian uníusenos durante estas últimas semanas e pasámolo en grande a verdade.
Son fotógrafa en Newspaper así que tuven que ir ao partido de soccer aquí non entenden o de football nese sentido a sacar fotos e tamén aos entrenamientos de volley. Ademais, a noite de películas cubrina eu.
Algunhas das miñas amigas están no equipo así que sempre é divertido ir a velas.
Estou en Try-Hi-Y que é un club de chicas no que facemos voluntariado, esta é unha foto da primeira reunión.
O gran evento foi o partido LN-LC, é como un Real Madrid- Barcelona pero de institutos, só podo dicir que foi unha completa locura.
O resto dos vídeos son demasiado largos para subir aquí por eso poño un pequeno.
Erin e eu limpamos a casa dos meus host grandparents cada dous domingos, a verdade é que é divertido facelo xuntas, ademais, págannos...
| Un deses domingos comimos en Stake 'n Shake despois. |
Debo dicir que non fun a tantos concertos seguidos en toda a miña vida, pero coma o último ao que fomos a ningún. O tema era Elvis e polo medio xogamos a volleyball cun balón de rugby...
Durante un finde no que se celebrou o Columbus Day despois visitamos a Sara en IU e o mellor é que encontrei esto.
Os seguintes días recibín o meu pase de prensa para o insti, comimos comida de Halloween en periódico, saquei fotos do musical do insti, comprei unhas sandalias por $6 e fun a unha Bonfire Party cos amigos de Erin.
| Vale, isto non ven a nada aquí pero encántame, é a mellor de todas as que vin. |
Eu e Mork fomos mirar vestidos para Homecoming e ambas atopamos vestidos xeniais e non moi caros.
Fixen un montón de horas de voluntariado en Marching Band con miña nai e despois esperamos para ver os shows das bandas.
Ahora ven unha das mellores partes, vin o primeiro episodio de Anatomía de Grey da temporada 12 e ti seguro que non, síntoo pero...
Esta semana no insti foi a College Go Week e todos levamos sudaderas de unha, eu levei a que comprei en IU.
E por último, este fin de semana funme de camping cos exchange students, os móbiles quedaron apartados durante todo o día ata a noite e debo dicir que non o botei de menos.
E isto é todo por agora, ata... bueno, cando poda.



