Powered By Blogger

domingo, 8 de febreiro de 2015

Un ano en Estados Unidos

Pois aquí estou, eu, a que sempre dixo que para que ía facer un blog se non tiña nada interesante que contar, pero bueno, supoño que eso cambiou dende o 5 de xaneiro. Si cambiou, porque ese día foi o día no que ao levantarme pola mañá eu era unha das 75 persoas que por sorte e tamén, debemos decilo, por esforzo conseguimos unha beca para marchar un aniño de aquí. E a onde vamos? A USA, o soño de moitísimos adolescentes e non tan adolescentes, marchar para o país que a parte de golpearnos a diario coa súa cultura e forma de vida e o núcleo do que hoxe é a nosa sociedade consumista. Quen non quixo algunha vez que a súa vida fora algo semellante a todas esas pelis que vimos e veremos ao longo da nosa vida? Quen diga que non, minte e sabémolo. Pois nada que agora eu serei unha das poucas afortunadas que vivirá algo que se lle pareza, non unha peli, pero si unha experiencia inigualable e creo eu, irrepetible.
Pero, como comezou todo? Supoño que cando o teu instituto tivo catro becadas xa e cada ano marcha alguén sobreenténdese que te presentarás pero non todo o mundo o fai asi que, por que eu si? Moi sinxelo, dende a primeira persoa que marchou cando eu ía en segundo da ESO díxenme: "Eu quero eso." E aínda que ao pasar o tempo a idea perdía forza por momentos ver que máis xente o conseguía deume a confianza que precisaba. Se alguén o fixera antes por que eu non? Esa é a miña frase favorita e ten razón, por intentalo ademais non perdía nada e non ía deixar escapar a oportunidade sen probar. Asi que polo mes de outubro enviei a solicitude para facer as probas e unha semana máis ou menos despois vin que alí estaba o meu nome para ir. 
O primeiro exame non foi tan complicado como o pintaban na miña opinión, eu polo menos saín confiada no que fixera, o que si, nunca se deben oír os comentarios dos demais porque eu estiven con un grupo de rapaces e todos dicían que aquelo fora facilísimo e que pasarían seguro, eso só te pon máis nerviosa e non merece a pena porque ao final todo se resume no que ti fas e non no que lles parecera ao resto que fixeran. E pasada unha semana de nervios aí estaba, o meu nome outra vez entre eses 140 seleccionados de 560.
O segundo exame era a entrevista, para min foi o peor debido aos nervios pero aínda así no momento dos resultados igual de satisfactorio. E así foi como un 5 de xaneiro recibía o mellor agasallo de reis da miña vida, un ano nos Estados Unidos. 

Dende ese momento cambiou todo, comezamos a enviar documentación de todo tipo, fotos, cartas... e tivemos a primeria reunión de becarios. Nela supoñíase que preguntaríamos todas as dudas e volveríamos para a casa tan tranquilos, pero sexamos sinceros, quen se atrevía a preguntar libremente? Naide dende logo, pero coñecer de primeira man a experiencia de xente que pasou polo mesmo que agora nós estamos pasando é a mellor axuda que nos poderían dar. Pero de alí saiu algo que desde logo se convertiu nunha constante no meu día, quen me diría que acabaría falando non con todos pero con moitísmos dos becarios? Pois nin idea, pero vamos que agora xa somos unha mini familia eu creo. Eses pesados que che petan o móbil ás tantas da mañá ou mentras cenas? Pois eles, creo que nunca un grupo de whatsapp dera para tanto... Pero coñecelos, compartir dúbidas, temores, alegrías... dende logo, xa só por eles mereceu a pena apuntarse á beca, porque aínda que todo o mundo nos felicite, aínda que todos nos escoiten naide en realidade sabe o que é vivir esto, porque aínda que todos estamos felices de marchar está a outra parte de nós que se pregunta que faremos un ano lonxe da casa sen amigos, familia... e para iso están eles. E así empezou o que será o este ano da miña vida... 
                                          Mini quedada con Marta e Álvaro.
                                           Os tres no periódico.


Asi que gracias á Fundación Barrié e Amancio Ortega por isto, gracias aos meus pais por facerme ver o lado bon das cousas incluso nos peores momentos, gracias á miña irmá por sacarme un sorriso cando me falta e gracias aos meus amigos por seren quenes confiaban en min mesmo cando eu non o facía. Pero gracias a mini familia de becarios que somos por mellorar o que parecía inmellorable. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario