Supoño que eso é o que queríamos, irnos, irnos e pasar un ano falando inglés, lonxe. Pero, ás veces, cando pensas no que perderás ese ano, veñen as dúbidas, estarei facendo o correcto? Saber que os teus amigos seguirán a súa vida sin ti, que probablemente non poidas falar con eles canto quixeras, que cando pase algo gracioso e busques coa vista á túa mellor amiga para rirte non estará aí... Supoño que alí será o mesmo, viranos a morriña de vez en cando, quen sabe se soltaremos algunha que outra bágoa... Pero eso tamén forma parte da vida, de madurar e de ser quen queremos ser. Por iso, este ano, non penso desperdiciar un momento xunto a eles, porque quero nos momentos de tristeza alí recordar todo o que fixemos xuntos e poñer un sorriso aínda cando todo se ve negro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario