Powered By Blogger

xoves, 19 de marzo de 2015

Worcester-Mondoñedo

Durante este tempo tiven o blog bastante abandonado, sinceramente, tampouco tiña nada novedoso que contar, cada día sigo mirando o correo electrónico máis veces das que podo contar para ver si algunha familia americana decidiu acollerme. Pero, por agora, sigo á expectativa e polo menos Ana María respondeume a un correo jajajja.
Sin embargo, volvo ter algo que contar. O pasado día 4, 14 alumnos do instituto Christopher Whitehead Language College de Inglaterra viñeron ao noso instituto para participar nun mini intercambio de 5 días. A miña parella era Ellie, aínda que lle levaba dous anos debo decir que axiña conxeniamos e collimos confianza cando ela contactou comigo un mes antes e cando veu esto foi todo festa! Ela era tamén a parella da miña mellor amiga, pois unha persoa renunciou e á hora de facer as parellas buscaron que ela estivera con dúas persoas que se levaran ben e coñeceran bastante.
O día 4 viaxamos á Coruña recollelos no aeroporto, a emoción era palpable, todos estábamos nerviosos e entusiamados por estar xa co noso compañeiro!
Ellie, eu e miña irmá a primeira noite.

A primeira noite Ellie durmiu na miña casa como se ve na foto e ao día seguinte tocou ir a insti, o meu profesor de historia, Pedro, preparoulles unha presentación para que ata ese día puideramos seguir estudando a Revolución Rusa. Houbo moitas fotos e todos collimos algo de confianza con todos, máis tarde levámolos a unha visita por Mondoñedo.
De esquerda a dereita: Hannah, María, Alba, Gemma, eu, Víctor, Tom e Ellie.
Eu, Hannah e Ellie por Mondoñedo.


Ziggy coa estua de Álvaro Cunqueiro.
Esa mesma tarde a maioría de nós quedamos e pasamos a tarde todos xuntos, xa vos podedes imaxinar un grupo de 30 persoas de cafetería en cafetería, facendo barullo... todo un caso vamos. Se algo aprenderon ese día foi a palabra leche e non precisamente a connotación de bebida, aí o deixo. Desde esa tarde xa éramos como unha familia, desde aprenderlle a Matthew a decir hola bebé a falar con Ziggy de todo.
Ethan en primeiro plano.

Ni idea de quen é o snap pero vedes que a palabra aprendérona.
Ziggy, Ells, Gemma e eu.

Comimos moitos gofres.
O segundo día houbo visita a Santiago e pasámolo xenial, visitamos moito e camiñamos un montón tamén, ademais o tempo era xenial como fora desde que eles chegaran, tiveron moita sorte niso. Aquí deixo algunhas fotos de Santiago.
Ziggy e eu.

Eu, Gemma e Ellie.
Selfiee!

Na Praza do Obradoiro.

Eu e Gemma nas cubertas da catedral.
Despois o sábado e domingo estivemos por Mondoñedo e levámolos a diferentes sitios pola costa e así, tampouco foi nada moi extenso pero aproveitamos que en Mondñedo había a concentración de motos para estar por aquí. A noite do sáado fixemos unha cea e quedamos por aquí. O domingo tocou outra tarde xuntos e despois despedirnos. Fotos:
Chegados de Santiago.





De cenaa.




Facía tanto sol que tivemos que comprar crema para Ellie.


E así chegou o luns, ese día mentres eles saían dende o insti nos iamos cara Lugo ao teatro, en francés. Houbo algunha que outra bágoa pero finalmente, despedímonos ata o seguinte mes. Pode que só foran 5 días pero uníronnos moito e estou desexando que o día 9 chegue para coller o avión a Londres e de alí a Worcester. We really had a great time together, lysm baes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario