Powered By Blogger

sábado, 4 de abril de 2015

Calendario

Despois de un montón de días sin novedades aparentes, polo menos para min, chegou un correo de AM. Como agora mesmo xa son como 14 becados os que teñen familia, desde a miña querida Marta que se vai para Kansas a Adrián, o suertudo que vai a California, foi ver o correo e pensar: "Veña que xa teño familia!". E non. Pero tamén eran noticias importantes, resulta que xa temos calendario, e con calendario refírome a que xa sei que desde hoxe só me quedan 129 días en España.
-21 de maio: visita a Embaixada de US en Madrid para tramitar o visado.
-20 de xuño: última reunión antes de marchar, na que nos entregarán documentos e darán unha charla de orientación, sobre a que oín que che explicaban como usar un váter. Rumores.
-11 de agosto: last day in Spain, ese día colleremos un avión rumbo a NY e despedirémonos de Galicia durante 10 meses.
Sinceramente estou moi emocionada por saber as datas. A primeira coincide xoves, teño examen de latín e non podo esperar para cambialo, pero o mellor de todo, nótese o sarcasmo, é que o avión para ir a Madrid sae as 6:45 de Santiago, esa noite casi non durmo. A segunda reunión vai ser a máis impactante eu creo, porque vamos darnos conta de que queda un mes e pouco e xa nos vamos, vai ser duro e tamén increíble tomar conciencia diso. E o 11 de agosto, direivos que eu estou encantada con esta data, en Mondoñedo a festa do Mercado Medieval son os días 8,9 e 10 e estou entusiasmada coa idea de non ter que perdermo. Vai ser unha gran despedida pre US.
Pero o mellor de todas estas reunións e que por fin todos os becados nos vamos ver, algúns xa se coñecen debido as diferentes quedadas que se fixeron, pero a maioría coma min só recoñecemos a unhos poucos.
Pois nada, isto é todo por hoxe, espero que a próxima entrada sexa xa sobre a miña futura host family.
Bicos ;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario