Powered By Blogger

venres, 22 de maio de 2015

Madrid querido...

Ola a todos! Despois de este descanso respecto ao blog, volvo a retomalo cunha noticia que me da a impresión de que estou a nada de irme xa, a viaxe a Madrid.
Pois ben, onte, 21 de maio, os 75 becados marchamos a Madrid. Todo isto comezou cedo, ás tres da mañá concretamente que é cando me tiven que erguer para chegar ao aeroporto ás horas intempestivas que AM ordenaba. Fun con Marta e Álvaro, os outros dous becados da Mariña, e si, é moi bonito vivir aquí pero desde logo non tanto cando te tes que despertar unhas horas antes que os demais. Tivemos unha viaxe agradable na que non calei un minuto, si, estaba nerviosa, que pasa? Non todos os días fas isto. Chegamos ao aeroporto con tempo e aproveitamos para tomar algo quente. Tras un tempo vimos ao primeiro becado chegar, irónicamente os que máis lonxe estabamos chegamos antes, e era Roque. Ao pouco Brais, Miguel e Raquel chegaron tamén e xa había case reunón na cafetaría. E nada, cando todos chegamos AM e un señor que non sei como se chama comezaron a repartir billetes e nós mentres coñecéndonos uns a outros. No avión tocoume con Christian e Diego, que me caeron xenial e Marta ía sufrindo polo fondo, tamén vin a Zaida, aai botaba de menos á miña rubia. Xa en Madrid déronnos un mini desayuno e collimos un bus rumbo á Embaixada. Ao chegar, estivemos fóra agardando ata que por grupos de tres no foron chamando. Entrei con Álvaro e Gonzalo e despois dentro collías un número e pasbas por unha serie de ventanillas nas que firmabas uns papeles, collíanche as pegadas dactilares e facíanche unha entrevista que no meu caso foi mais ben curta, a onde vas e o pasporte virá nunha semana. Cando todos saímos dirímonos ao hotel no que nos deron un aperitivo que desaparecía aos segundos que chegaba pola fame que todo o mundo tiña e tivemos unha pequena reunión con becados da primeira edición que estudaban en Madrid e unha señora moi simpática veu do consulado darnos unha charla "No drinking, no smoking, laugh when you complain" Despois tocou outro ameno viaxe en bus no que nos deron o xantar (bocatas, mazá e chocolate) e partimos ao aeroporto. O voo saiu ás 4:10 ( en teoría) e chagamos ás cinco, depois outras horiñas de coche e cheguei á casa... Foi un día fantástico, caeume todo o mundo moi ben e non podo esperar para volver a velos. O día de marchar achégase!
Selfie de becados


Cando te aburres no avión

Recibíndonos

Marta e eu


P.D.: falei con Lynn outra vez, o meu insti comeza o 5 de agosto así que cando chegue xa levarán unha semana de clase. Díxome que querían que chegara antes porque me levaban a unha boda a Chicago e así pasaba máis tempo con Sara (a súa filla maior) antes de marchar á uni. Cano lles dixen que chegaba o 11 entristecéronse algo pero dixéronme que non me preocupara polo de chegar máis tarde... espero que non sea moi difícil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario