Cheguei ás 10:45 xustas porque o glamour necesita tempo, vale no, non había donde aparcar... Segundo entrei reencontreime xa con todos e fixemos unha fila para recoller os manuais, xunto cos pasaportes e outra documentación. Xa temos visado!
![]() |
| O manual. |
Entramos ao salón de actos e alí sentados por orde alfabética, escoitamos as intervencións de AM, os directores das fundacións e outros.
Recollimos as credenciais e saímos facer unha foto de grupo.
![]() |
| Foto becados 2015-16 |
O seguinte paso foi subir á 4ª planta e tomar un aperitivo, que despois de estar alí toda a mañá nos sentou de marabilla. Alí tamén nos entregaron as maletas de man e as camisetas ( tería acabado cun talle L se non chega a ser por Álvaro) e sacamos mooitas fotos.
![]() |
| Helia e eu. |
![]() |
| Álvaro, Marta e eu. |
![]() |
| Marta e eu. |
![]() |
| New suitcase. |
Uns cantos becados saíron a comer xuntos pero eu fíxeno con meus pais e miña irmá coma a maioría. Despois de comer emprendimos o camiño a Marineda onde iamos en busca dunha maleta (sólo 23 kg) grande e con peche TSA. Alí atopei a Álvaro, e acabamos comprando a mesma maleta despois de abrir unhas cantas. Por certo, collo na maleta, así que imaxinade vós.
E nada máis, quédanme menos días ca o resto de becados porque eu son dos que marchan o 28 de xullo, só 36 días, e só podo pensar en todo o que me espera alí con emoción e tamén tristeza por deixar o que deixo aquí. Así que, ata a próxima!








Ningún comentario:
Publicar un comentario