Powered By Blogger

mércores, 19 de agosto de 2015

Go Cats! +21

Agora entendo o difícil que é poñerse a escribir desde que estás aquí, o tempo está sempre ocupado e cando tes un momento libre, está netflix. Pois nada, pasaron 15 días e moitas cousas pero non penso estenderme demasiado porque quero acabar hoxe jajaja.
O luns 3 non fixen moito, estiven soa na casa a maior parte do tempo e fixen algúns exercicios de pre cal para ver como eran, fáciles non, o seguinte. E esa noite vin pelis.
O martes 4 foi un día parecido, durmín asta tarde pola mañá e pola tarde fun ver o concerto de Marching Band. Ceamos nun food truck e estaba todo boísimo. 



María e eu





O mércores 5, comezou o insti, foi un primeiro día agotador e bastante raro porque me perdín moitas veces pero sempre que preguntei me axudaron a chegar ás clases. Sara levounos pola mañá e eu pola tarde quedeime con María para probar Cross Country. Como cabe de esperar de min jajaja foi un desastre asi que decidín non apuntarme. Pero quedeime cunha foto preciosa.
Esa tarde fomos de compras con María porque quería comprarlle un regalo á súa host sister polo seu cumple. 
O xoves 6, tiven a primeira clase de banda, que me encantou, e tamén a de periódico donde volvín a ver a Mork, a exchange student tailandesa, unha das miñas mellores amigas aquí. 
O venres 7, todo foi máis ou menos igual, o profesor de química falou comigo e acordamos en que deixaría a clase porque estaba claro que xa sabía todo o que estaban dando. Intentei pasarme á AP pero ata o último mes do segundo semestre non daría nada novo asi que en vez diso collín fotografía.
O sábado 8, fun de compras, de material escolar e de roupa e esa noite fomos cear á casa duns amigos de Sara e seus pais.
O domingo 9, eu e Erin limpamos a casa dos avós e gañamos $40, esa tarde fun ao super con Lynn e despois fomos ao cine.
O luns 10, foi un día normal de insti, perdinme menos do habitual e coñecín á exchange student italiana, na casa fixen deberes e para acabar o día un episodio de anatomía de grey.
O martes 11, volvimos ao insti con Sara e recolleume á tarde tamén, foi un día normal no que conseguín que o ordenador que nos dan no insti funcionara porque aquí úsano para todo. Pola tarde estiven con Sara e as súas amigas.
O mércores 12, non teño nin idea do que pasou ese día, sería un día normal e sei que collimos o bus para volver á casa. Eso si, sei que cálculo me mareou a cabeza, a maneira de facer as cousas que teñen aquí jajaja.

O xoves 13,  reunión de seniors pola mañá, clases polo día e unha comida a mediodía interesante cos amigos de Erin.Esa tarde cheguei á casa e fixen algo de deberes e estudei anatomía, o luns había exame e axudei a Sara a facer maletas mentres vía El Physician na tele. Esa noite Sara, Missy e eu fomos a por helados e só podo decir que foi o mellor xelado de oreo da historia. Estaba boísimo!
O venres 14, notábase no ambiente que era o último día da semana e todos estaban impacientes por irse. Á noite fomos a un concerto da orquesta de Indianapolis.



O sábado 15, fixen skype coa casa pola mañá e pola tarde deberes. Esa noite tiñamos unha reunión de CIEE.




O domingo 16, Sara mudábase a IU e Brian chegara o día nates por sorpresa de Toronto para despedirse, todos fomos levala, axudarlle a desempaquetar e despedirnos. Aínda que levo pouco aquí sei que vou extrañala moito, xa o fago cando chego á casa e xa non está ela decíndome "Hey Spain Sara! A movie today again?" visitarémola moito e eu e Erin sobre todo pero supoño que non será igual. Cando nos despedíamos empezou a chover unha barbaridade, e se o digo eu... asi que Brian foi buscar o coche para recollernos a min e a Erin que nos iamos antes con el porque había exames e démonos un abrazo que debo decir foi tipo peli, as tres chorando, e cando nos iamos Sara berrounos bye sisters! e en momentos así, ou cando ao montarnos no coche Brian estaba preocupado polas dúas por estar molladas é cando sei que me tocou a mellor familia do mundo, que non só se preocupa por min senón que fan que me sinta parte deles.
O luns 17, tiven exame de anatomía, todo tipo test e creo que me foi xenial. Tivemos un simulacro de incendios e debo decir que o pasei de marabilla jajaj ía con Gigi unha rapaza da miña clase que xoga ao volley e coa que estou en anatomía sempre e desde logo non puido ter sido mellor. Ese dia cheguei á casa e púxenme co exame do día seguinte, Interdisck (AP US History/AP English Language and Composition). 
Martes 18, hoxe. O exame de Interdisk foi xenial, só tuven un fallo e o resto do día pasou rápido facendo entrevistas en newspaper e editando en fotografía. Cheguei á casa e despois de pasear a Meika, escribín toda esta entrada.
Ata a próxima!



Ningún comentario:

Publicar un comentario