A despedida, como lles dices adeus a todos os que queres? Pois de mala maneira e pensando, que estou facendo? Neses momentos, ninguén quere irse e o que diga o contrario, bueno, eso é triste. Marchei o martes 28, pero ese domingo tiven a miña "festa sorpresa" non tan sorpresa. Pasar momentos así cos teus amigos, fanche pensar no afortunado que eres.
O día chegou, e non había moito que decir ao respecto, decir adeus é difícil.
Collimos un avión ás doce e cuarto, e tras unha hora de camiño na que eu e Ánxela de vez en cando soltabamos algunha bágoa e Roque estaba calado chegamos a Madrid. Iamos con outro rapaz que ía pagando e que era de Galicia e tiñamos que atopar ao resto dos exchange students de fsl. No camiño recorrimos máis aeroporto que a maioría e perdímonos unhas cantas veces. E que fas durante case oito horas nun avión? Pois moi fácil, durmir, se os veciños che deixan ou facer amigos, eu e Ánxela creo que fixemos máis do segundo porque durmir, durmimos pouco.
Coñecimos a súas profes de Galicia que ían a NY a presentar un libro e ao parecer o acento galego falando castelán triunfa porque os nosos veciños quedaron encantados con el, e o apodo de las galleguiñas quedounos durante o resto deses días.
Chegamos a NY ás tantas da mañá e aínda tivemos que recoller un montón de papeis, eu e Ánxela compartimos habitación con Moni, unha hanitación espléndida con dúas camas enormes e comodísimas e outra pequena plegable.
Ao día seguinte despois dun american breakfast veu a reunión que adora todo o mundo, a do acoso sexual,onde vimos máis vídeos dos que podo recordar. Cun sandwich e dúas botellas de auga collimos o bus a NY, e aí comezou o bon. Como unha imaxe vale máis que mil palabras e este post vai ser longo dabondo, que mellor.
E despois de unha tarde emocionante, cenamos no Dallas BBQ en Times Square
Volvimos ao hotel, recollimos toda a documentción e fomos durmir, algunhos coma min tiñamos que estar as 3.00 am no lobby asi que entre que eu e Moni nos reimos un pouco con Ánxela só durmín como dúas horas. Collín un avión a Charlotte con Roque, Ánxela e outros dous rapaces no que non durmín nada e alí foi onde almorzamos pizza :) finalmente outro avión levounos a Indianápolis no que adormecín e onde me esperaba Lynn, a miña host mum.
Ese día nós dúas e María, a súa host mum e a súa host sister comimos xuntas nun restaurante chamado St Joseph's que era antes unha igrexa, pola tarde visitamos a Sara (Hardman) no seu traballo e cheguei á que sería a miña casa. Recibiume Meika, a súa cadela, para a que agora mesmo eu xa son unha máis da familia. Coñecín a Brian, o meu host dad e máis tarde leváronme a dar un paseo polo barrio con Meika e outro can que Sara coida mentres Lynn nos facía unha especie de sandwich con pan parecido ao de Galicia que estaba riquísimo. Esa noite deiteime ás nove e non puiden coñecer a Erin pois ela estaba no band camp e volvía moi tarde.
Venres, despertei ás seis e media da mañá, mais ben foi Meika quen o fixo, despois dunhos cereales estiven desfacendo a maleta mentres Lynn e Sara ían ao dentista pois Sara tiña que sacar dúas moas. Cando volveron eu acabara e estiven coidando a Sara mentres Lynn cociñaba, vimos un vídeo de Sara no coche jaja e unha amiga súa veu máis tarde e tróuxonos milkshakes e acompañounos máis tarde a Lynn e a min ao insti. O meu horario divídese en dous días, os green e red days, as miñas asignaturas este primeiro semestre serán:
-AP US history/AP language
-Anatomy/Physiology.
-Chemistry.
-Pre-calculus/trigonometry.
-AVD Symphonic.
-Newspaper.
-Study Hall.
Comimos unha tortilla americana jaja e pola tarde vin pelis con eles, paseamos ao can e deiteime cedo, eso sí, esta vez pechei a porta.
Sábado, despertei ás sete, o de non ter persianas é o que ten. Eu e Sara vimos pelis e máis tarde acompañei a Lynn a comprar champú e demais cousas, paramos a mirar a miña tarifa de móbil e pasei outra tarde de pelis. Esa noite salín con Sara e ás súas amigas, fomos á Downtown, comimos nun burguer, fixemos algo de turismo e pasámolo xenial.
E o mellor foi que esa noite ao volver á casa coñecín por fin a Erin.
Domigo, a nai de Lynn veu de visita e Erin, ela Lynn e eu foomos de compras a por material escolar a volver a comparar tarifas de móbil para min, comimos nun restaurante xenial. Ese día acabou cun concerto fantástico do grupo Chicago.
Foi un post largo e deixeime moitas cousas, pero supoño que así é a vida aquí, rápida e apurada.
Ata a próxima!
















Ningún comentario:
Publicar un comentario